Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, A biblioteca recomenda29-08-2007

Dende as Bibliotecas Municipais de A Coruña, Cristina Ameijeiras invítanos a coñecer a historia da nosa especie a través das distintas investigacións arqueolóxicas:

La saga humna. Una larga historia
A historia da especie humana antes de ser o que somos a través do estudo dos ósos atopados e dos restos da actividade humana ao longo de milenios. Comeza coa historia de Lucy, que viviu no que hoxe é Etiopía e pertenceu á especie austrolopitecus afarensis. Pero hai outros fósiles que nos axudan a reconstruír a peripecia do ser humano sobre a terra: a "señora Ples", "o Neno de Taung", "Turkana Boy"… e, por suposto, os restos aparecidos na Gran Dolina de Atapuerca, os fósiles máis antigos de Europa, pertencentes ao homo antecessor, quizais o antepasado directo do homo sapiens, a nosa especie. Estes achados permitiron reconstruír a súa forma de vida, saber que ferramentas utilizaban e que uso dábanlles, cal era a súa organización social, que aspecto tiñan, que comían.
Juan Luís Arsuaga é membro do equipo de investigacións dos xacementos pleistocenos da Sierra de Atapuerca desde 1982 e codirector do equipo desde 1991.
E se estas interesado en coñecer máis da nosa especie, non dubides en pasarte polas nosas bibliotecas porque de seguro que che interesaran tamén, do mesmo autor:
  • La especie elegida : la larga marcha de la evolución humana
  • El mundo de Atapuerca
  • Atapuerca y la evolución humana
  • Al otro lado de la niebla : las aventuras de un hombre en la Edad de Piedra
 

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral27-08-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

Posteado por: Catuxa Seoane en Novas23-08-2007

A Consellaría de Cultura e Deporte ten a nosa disposición as imaxes da campaña que realizou en colaboración ca Dirección Xeral de Turismo: Galicia Espírito de Auga, emitida en varias televisións europeas durante a celebración do Campeonato Europeo de Augas Tranquilas que tivo lugar o pasado xuño en Verducido (Pontevedra) e que serán emitidas na gala da Vuelta Ciclista a España que ten lugar o 31 de agosto de 2007.

Os vídeos están compostos por distintas imaxes tomadas dende o aire nas que se poden apreciar paisaxes diversas do país nas que se distinguen bateas, embarcacións, praias… e que agora se poden incluso descargar dende a web, para poder relaxarnos coa súa visualización.

 Ademáis dunhas fermosas imaxes da nosa terra temos dispoñible o video-spot da campaña:

[Via Código Cero

Tódos aqueles amantes da fotografía e do paisaxe de Galicia pode desfrutar dos fondos relativos a estos temas nas Bibliotecas Municipais de A Coruña, algúns títulos interesantes dispoñibles son:

  • Galicia : el país soñado / textos, Gonzalo Torrente Ballester, Manuel Rivas ; fotografía, Xurxo Lobato. — Barcelona [etc.] : Lunwerg, D.L. 1991
  • Galicia : cuatro estaciones / [Fotografía, Xulio Correa, textos, Xosé Luis Vilela]. — A Coruña : Hércules, D.L. 1994
  • Galicia, esa desconocida / Francisco Javier Río Barja ; fotografía, José M. Salgado. — A Coruña : Hércules de Ediciones, D.L. 1999
  • As fotografías de Galicia / Ramón Dimas. — A Coruña : Centro Galego de Artes da Imaxe, D.L. 2000
  • Imaxes de Galicia : fotografía etnográfica (Homenaxe a Xaquín Lorenzo) : [exposición] Arquivo do Reino de Galicia do 14 de maio ao 31 de agosto de 2004, Museo Etnolóxico de Ribadavia do 1 de setembro ao 31 de outubro de 2004. — [Santiago de Compostela] : Dirección Xeral de Patrimonio Cultural , 2006
Posteado por: Catuxa Seoane en Novas20-08-2007

Cursos de Internet nas Bibliotecas Municipais Dende hoxe 20 de agosto está aberto o prazo de inscrición para os cursos de Internet ofrecidos pola biblioteca destinados a persoas que non teñan coñecementos previos de informática ou de novas tecnoloxías.

Cada curso dura 30 horas distribuídas en 2 semanas (tres horas diarias). Através da práctica continua e do asesoramento dun monitor o curso permite coñecer en profundidade os servizos que nos ofrece Internet, manexar de maneira avanzada os buscadores, unha xestión eficaz do correo electrónico e realizar trámites e xestións en liña, especialmente os relacionados co Concello da Coruña.

20º curso: 3 ao 14 de setembro, de 16 a 19 horas.

21º curso: 17 ao 28 de setembro, de 9 a 12 horas.

Tódolos interesados podedes pasar pola biblioteca onde queirades facer o curso para inscribiros alí mesmo:

Biblioteca Municipal Monte Alto
Rúa Vereda del Polvorín 4, 3º. 15002 A Coruña - Teléf.: 981 184 382 - Fax: 981 184 383 - bmontealto@aytolacoruna.es

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

:: Premios literarios:

:: Recomendacións moi apetitosas:

:: Novidades editoriais:

:: Grandes mulleres da historia:

:: Redes sociais literarias:

:: Falán de nós na prensa:

:: No Ciberclub:

Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, A biblioteca recomenda17-08-2007

Dende as Bibliotecas Municipais de A Coruña, Cristina Ameijeiras invítanos a descobrir novos sabores, texturas e olores cos que desfrutar e sorprender aos novos convidados e amigos:

  • BUFFET. Lexus Editores, 2006
Buffet, portada do libro

 

Centos de receitas variadas para sorprender nunha reunión ou festa. Cada receita ilustrase cunha fotografía para ver o efecto final e o proceso de elaboración reducius ao mínimo para que resulte muoi fácil de seguir. A selección dividiuse en doce tipos de buffet e inclue preparacións doces, saladas, encurtidos, pratos quentes, carnes e pastas, ensaladas… tanto da cociña española como internacional: buffet de chololatería, buffet de brunch, buffet italiano, buffet infantil, buffet de sandwich, buffet de cocteis, buffet navideño, buffet de carnes, buffet xaponés, buffet de bocaditos e buffet de China. Inclue, ademáis, ideas para orientar ao leitor na disposición das mesas e evitar incomodidades aos comensais.

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral13-08-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

:: Novidades nos sevicios das Bibliotecas Municipais:

:: Actvidades culturais para estas festas:

:: Novidades literarias;

:: No noso ciberlclub len:

Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, Escritores, Novas07-08-2007

Elena_PoniatowskaA escritora e activista política Elena Poniatowska foi galardoada có Premio Rómulo Gallegos de Novela 2007 polo seu libro El tren pasa primero, unha novela que aborda o tema das folgas ferrocarrileras no México dos anos 50:

Retrato de una época y relato de una vida, El tren pasa primero explora no sólo los espacios públicos de la historia sino también ámbitos menos visibles: el mundo laboral y la vida de las mujeres; las motivaciones, relaciones familiares y amores de un líder. Si bien el entrelazamiento de historia y ficción –historia social y privada– permiten configurar a Pineda Chiñas como un personaje complejo, alejado del esquematismo o de la idealización acrítica, el atractivo de la novela reside más en su recreación de la lucha social de los ferrocarrileros que en la biografía sentimental de su líder. Los roces con el melodrama o con cierto sentimentalismo (así se actualice con gestos transgresores), y sobre todo la estructura, restan fuerza a una novela que se inicia con un estilo eficaz y un episodio que demuestra lo mejor del talento narrativo de su autora.

El tren llega primero de Elena Poniatowska 

Alfaguara ofréceche a posibilidade de comezar a ler os primeiros capítulos da obra (en pdf) e lembra que nas Bibliotecas Municipais de A Coruña tes a tua disposición os seguintes títulos desta mesma autora:

  • La piel del cielo / Elena Poniatowska. — Madrid : Alfaguara, [2001]
  • El tren pasa primero / Elena Poniatowska. — Madrid : Alfaguara, D.L. 2005
Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral06-08-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

A Feira do Libro de A Coruña: 

O pasamento de Ingmar Bergman:

Recomendamos:

Descobrimos:

Rímonos:

Posteado por: Catuxa Seoane en Escritores, Novas02-08-2007

Suso de Toro pregoneiro da Feira do Libro de A CoruñaO escritor Suso de Toro foi o encargado de ler o pregón de apertura da Feira do Libro de A Coruña deste ano, deixámosvos un anaquiño do texto que empregou no acto:

"O libro […] ten ese carácter case personal, o lector le no libro e dialoga con el. Se non gusta del déixao quedar arrombado, se lle reina mergúllase nel e disfruta, outras veces, párase e discute con el, nega o que di ou para a pensalo, a discutilo. O diálogo entre quen escribe e quen le a través dun libro é un diálogo democrático. Baséase na liberdade do lector sempre, se o lector non gusta do libro o libro será unha máquina que non funcione, que non consiga comunicar aquilo que o autor pretendeu.
O libro é unha máquina moi fráxil pois esa comunicación é delicadísima. Todo o humano é delicado, fráxil, pois somos unha marabillosa máquina caída das estrelas e feita de carne.
Mais sendo fráxil o libro é poderosísismo: As transformacións da nosa civilización nos últimos cincocentos anos foron posibeis grazas ao libro.
O libro era o lugar onde vivía o texto escrito. Hoxe ocorreu unha transformación, o texto xa non vive exclusivamente no libro, está tamén, e sobre todo, nas pantallas. Non debemos ver isto como algo malo, pois a Rede, Internet, permite que todos leamos e tamén escribamos texto. Internet permítenos a todos enviar mensaxes, non só recibilos. Ten un aspecto democrático indudábel.
Mais se as pantallas se fan exclusivas liquidarán ao libro. E o libro é o que crea individuos. A lectura é un acto solitario, un acto individual, individualizador. Lendo estamos sós. Mais non estamos incomunicados, estamos dialogando cun autor, cun texto. Un texto que moitas veces é producto de moitas persoas, de tradicións colectivas, é un diálogo con outro, con moitos outros.
E estando sós, lendo, estamos a soas con alguén importantísimo, nós propios. A soas con un mesmo. A lectura é a ximnasia do “eu”, da identidade personal. Os medios estimulan o noso abandono, buscan fascinarnos, que abramos os ouvidos, os ollos, a boca… A nosa entrega total, quere que nos disolvamos, que deixemos de ser. A lectura en cambio é esixente, quere que sexamos, que esteamos aí, máis ou menos atentos. Lendo entramos no texto mais nunca é un labirinto do que non poidamos saír, sempre hai un camiño de volta e sempre mantemos a conciencia. A lectura respecta á nosa intelixencia e integridade, e lendo respectámonos.
A lectura individual, a lectura personal, o libro, é o grande invento moderno e, á súa vez, a lectura é a inventora da modernidade, do individudo ilustrado e con criterio propio. O individuo que cre na persoa, o que esixe respecto para as persoas, para si propio, para os demais. A lectura, e o libro, evolucione como evolucione, seguirá a ser o alimento dos individuos con sentido da dignidade personal. O alimento dos cidadáns.
E si, o libro, como as estradas, os portos e aeroportos, o alumado, a sanidade ou a escola pública, precisa apoio. Un apoio democrático, claro. Sen populismos.
E a garantía de que vai seguir habendo libros ao alcance do cidadán foi, é e seguirá a ser a biblioteca pública e mais o libreiro. Non se trata de regalar ou tirar cos libros, trátase de que, nunha sociedade no que hai diñeiro para consumir a eito, os cidadáns, que previamente adquiriron a capacidade e mais o hábito de ler na escola, teñan perto de onde viven unha biblioteca e mais unha librería na que encontren alimento para a súa cidadanía: libros.
Falei de feiras, reclamándoas como a fonte da democracia, e falei de libros, que son os que forman individuos libres, cidadáns. Os protocolos dun pregón da feira do libro aconsellan tamén que se cite a localidade que acolle a feira dun modo encomiástico. A min non se me ocorre máis que dicir que das feiras da Galiza esta feira da Coruña é onde máis libros se venden. Contra a visión tópica das cousas, eu considero que é un grande mérito cívico."

Suso de Toro, publicou recentemente a sua última obra, Home sen nome, que limos neste curso nos Clubes de Lectura das Bibliotecas Municipais de A Coruña. Ademáis, nos nosos fondos podes atopar unha morea de libros desde escritor:

  • Land Rover / Suso de Toro. — 5ª ed. — Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 1994
  • Parado na tormenta : paus, ortigas, seixos / Suso de Toro. — Vigo : Galaxia, imp. 1996
  • Caixón desastre / Suso de Toro. — 2ª ed. — Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 1991
  • A sombra cazadora / Suso de Toro. — Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 1994
  • Calzados Lola : (o dano e a absolución) / Suso de Toro. — Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1997
  • Polaroid / Suso de Toro. — 5ª ed. — Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 1992
  • Tic-Tac / Suso de Toro. — Ed. galega. — Barcelona : Ediciones B, 1996
  • Conta saldada / Suso de Toro. — Madrid : Alfaguara : Obradoiro, 1998
  • Circulo : da materia dos sonos / Suso de Toro. — Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 1998
  • La flecha amarilla : el camino hacia Santiago / Suso de Toro, Xurxo Lobato. — Madrid : El Pais-Aguilar, D.L.1998
  • Unha rosa é unha rosa : (unha comedia de medo) / Suso de Toro. — Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1997
  • O país da brétema : unha viaxe no tempo pola cultura celta / Suso de Toro. — Madrid : Aguilar, 2000
  • Non volvas : filla da madrugada / Suso de Toro. — 2ª ed. — Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2000
  • A carreira do salmón / Suso de Toro ; edición de Maruxa Guitián. — Vigo : Edicións Xerais de Galicia, [2001]
  • Trece badaladas / Suso de Toro. — Vigo : Xerais, 2002
  • Servicio de urxencias / Suso de Toro. — Vigo : Xerais, 2002
  • Así foi, doutor / Suso de Toro. — Vigo : Ir Indo, [1992?]
  • Camilo Nogueira e outras voces / Suso de Toro. — Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1991
  • Nunca máis Galiza á intemperie / Suso de Toro. — Vigo : Xerais, D.L. 2002
  • Morgún : (lobo máxico) / Suso de Toro. — Vigo : Xerais, [2003]
  • Españois todos : as cartas sobre a mesa / Suso de Toro. — Vigo : Xerais, 2004
  • Ten que doer : literatura e identidade / Suso de Toro ; edición de Rexina R. Veiga. — 1ª ed.. — Vigo : Xerais, 2004
  • El príncipe manco / Suso de Toro ; traducción de Basilio Losada y Belén Fortes. — Barcelona : Lumen, 2004
  • Outra idea de España : mar de fondo / Suso de Toro. — Vigo : Xerais, 2005

[Via, Manolo Bragado]