Recomendamos: desfrutar comendo entre amigos
Dende as Bibliotecas Municipais de A Coruña, Cristina Ameijeiras invítanos a descobrir novos sabores, texturas e olores cos que desfrutar e sorprender aos novos convidados e amigos:
- BUFFET. Lexus Editores, 2006

Centos de receitas variadas para sorprender nunha reunión ou festa. Cada receita ilustrase cunha fotografía para ver o efecto final e o proceso de elaboración reducius ao mínimo para que resulte muoi fácil de seguir. A selección dividiuse en doce tipos de buffet e inclue preparacións doces, saladas, encurtidos, pratos quentes, carnes e pastas, ensaladas… tanto da cociña española como internacional: buffet de chololatería, buffet de brunch, buffet italiano, buffet infantil, buffet de sandwich, buffet de cocteis, buffet navideño, buffet de carnes, buffet xaponés, buffet de bocaditos e buffet de China. Inclue, ademáis, ideas para orientar ao leitor na disposición das mesas e evitar incomodidades aos comensais.

