Posteado por: Catuxa Seoane en Novas20-08-2007

Cursos de Internet nas Bibliotecas Municipais Dende hoxe 20 de agosto está aberto o prazo de inscrición para os cursos de Internet ofrecidos pola biblioteca destinados a persoas que non teñan coñecementos previos de informática ou de novas tecnoloxías.

Cada curso dura 30 horas distribuídas en 2 semanas (tres horas diarias). Através da práctica continua e do asesoramento dun monitor o curso permite coñecer en profundidade os servizos que nos ofrece Internet, manexar de maneira avanzada os buscadores, unha xestión eficaz do correo electrónico e realizar trámites e xestións en liña, especialmente os relacionados co Concello da Coruña.

20º curso: 3 ao 14 de setembro, de 16 a 19 horas.

21º curso: 17 ao 28 de setembro, de 9 a 12 horas.

Tódolos interesados podedes pasar pola biblioteca onde queirades facer o curso para inscribiros alí mesmo:

Biblioteca Municipal Monte Alto
Rúa Vereda del Polvorín 4, 3º. 15002 A Coruña - Teléf.: 981 184 382 - Fax: 981 184 383 - bmontealto@aytolacoruna.es

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

:: Premios literarios:

:: Recomendacións moi apetitosas:

:: Novidades editoriais:

:: Grandes mulleres da historia:

:: Redes sociais literarias:

:: Falán de nós na prensa:

:: No Ciberclub: