A Consellaría de Cultura e Deporte ten a nosa disposición as imaxes da campaña que realizou en colaboración ca Dirección Xeral de Turismo: Galicia Espírito de Auga, emitida en varias televisións europeas durante a celebración do Campeonato Europeo de Augas Tranquilas que tivo lugar o pasado xuño en Verducido (Pontevedra) e que serán emitidas na gala da Vuelta Ciclista a España que ten lugar o 31 de agosto de 2007.

Os vídeos están compostos por distintas imaxes tomadas dende o aire nas que se poden apreciar paisaxes diversas do país nas que se distinguen bateas, embarcacións, praias… e que agora se poden incluso descargar dende a web, para poder relaxarnos coa súa visualización.

 Ademáis dunhas fermosas imaxes da nosa terra temos dispoñible o video-spot da campaña:

[Via Código Cero

Tódos aqueles amantes da fotografía e do paisaxe de Galicia pode desfrutar dos fondos relativos a estos temas nas Bibliotecas Municipais de A Coruña, algúns títulos interesantes dispoñibles son:

  • Galicia : el país soñado / textos, Gonzalo Torrente Ballester, Manuel Rivas ; fotografía, Xurxo Lobato. — Barcelona [etc.] : Lunwerg, D.L. 1991
  • Galicia : cuatro estaciones / [Fotografía, Xulio Correa, textos, Xosé Luis Vilela]. — A Coruña : Hércules, D.L. 1994
  • Galicia, esa desconocida / Francisco Javier Río Barja ; fotografía, José M. Salgado. — A Coruña : Hércules de Ediciones, D.L. 1999
  • As fotografías de Galicia / Ramón Dimas. — A Coruña : Centro Galego de Artes da Imaxe, D.L. 2000
  • Imaxes de Galicia : fotografía etnográfica (Homenaxe a Xaquín Lorenzo) : [exposición] Arquivo do Reino de Galicia do 14 de maio ao 31 de agosto de 2004, Museo Etnolóxico de Ribadavia do 1 de setembro ao 31 de outubro de 2004. — [Santiago de Compostela] : Dirección Xeral de Patrimonio Cultural , 2006