Recomendamos: a historia da especie humana
Dende as Bibliotecas Municipais de A Coruña, Cristina Ameijeiras invítanos a coñecer a historia da nosa especie a través das distintas investigacións arqueolóxicas:

A historia da especie humana antes de ser o que somos a través do estudo dos ósos atopados e dos restos da actividade humana ao longo de milenios. Comeza coa historia de Lucy, que viviu no que hoxe é Etiopía e pertenceu á especie austrolopitecus afarensis. Pero hai outros fósiles que nos axudan a reconstruír a peripecia do ser humano sobre a terra: a "señora Ples", "o Neno de Taung", "Turkana Boy"… e, por suposto, os restos aparecidos na Gran Dolina de Atapuerca, os fósiles máis antigos de Europa, pertencentes ao homo antecessor, quizais o antepasado directo do homo sapiens, a nosa especie. Estes achados permitiron reconstruír a súa forma de vida, saber que ferramentas utilizaban e que uso dábanlles, cal era a súa organización social, que aspecto tiñan, que comían.
Juan Luís Arsuaga é membro do equipo de investigacións dos xacementos pleistocenos da Sierra de Atapuerca desde 1982 e codirector do equipo desde 1991.
E se estas interesado en coñecer máis da nosa especie, non dubides en pasarte polas nosas bibliotecas porque de seguro que che interesaran tamén, do mesmo autor:
- La especie elegida : la larga marcha de la evolución humana
- El mundo de Atapuerca
- Atapuerca y la evolución humana
- Al otro lado de la niebla : las aventuras de un hombre en la Edad de Piedra

