Os Premios Xerais nas nosas bibliotecas
En La Voz de Galicia podemos ler as entrevistas que lles fixeron aos tres gañadores dos premios Xerais 2007, coincidindo co aparición das obras nas librarías e a súa presentación:
- Carlos López, Premio Merlín por Minimaladas: "Coa literatura pódese aprender, pero a súa función non é didáctica".
- An Alfaya, Premio Fundación Caixa Galicia por Illa Soidade: "A literatura xuvenil é un illa, unha terra de ninguén".
- Rexina Vega, Premio Xerais por Cardume: "Sempre quixen ser miliciana"
As tres obras, as tedes dospoñibles nas Bibliotecas Municipais de A Coruña:
Minimaladas / Carlos López ; ilustracións de David Pintor. — Vigo : Xerais, 2007
Minimaladas, a obra de Carlos López galardonada co Premio Merlín 2007, recolle oitenta e catro mini historias protagonizadas por animais, nas que destaca a súa orixinalidade e imaxinación.
Illa Soidade / An Alfaya. — Vigo : Xerais, 2007
Illa Soidade, a obra de An Alfaya gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2007, relata a historia de Lucía quen, nunha viaxe en tren cando vai iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando a súa relación con Soa, unha esmoleira a que coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio.
Cardume / Rexina Vega. — Vigo : Xerais, 2007
Cardume presenta a historia familiar e persoal dos sobrevivintes a un tempo caótico, doloroso e triste; a un tempo aberto polo eclipse da República e dos seus ideais. A xuízo do xurado do Premio Xerais, faino dunha maneira certeira e sen vitimismo. A novela retrata un Vigo industrial e atlántico, simultaneamente cosmopolita e provinciano, que é crisol de personaxes que evolucionan, que se relacionan e que medran, e que, en definitiva, logran subsistir ás miserias dunha cidade desacougante.
[Via, Brétemas]

