Hoxe mércores 25 de xuño, Alfredo Conde clausurará o Obradoiro de escritura da Biblioteca Municipal de Estudos Locais. O autor falará cos asistentes sobre a escritura da súa novela María das Batallas que destaca, segundo a crítica,

pola viveza dos personaxes, cunha gran dose de realismo e credibilidade. Relevancia especial téñena as mulleres: mulleres recoñecidas e admiradas, como María Pita, e mulleres humildes, anónimas, que contribuíron co seu esforzo non menos heroico ao progreso e á liberdade”.

Maria das Batallas 

Alfredo CondeAlfredo Conde naceu en Allariz en 1945. Foi deputado polo PSOE en 1982 e conselleiro de Cultura entre 1987 e 1990. Fundador do grupo Voces ceibes, foi membro fundador da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do PEN Club de Galicia.

Os seus primeiros pasos no campo da literatura deunos como poeta ao publicar en 1968 Mencer de lúas. En 1974, deu a coñecer o seu primeiro libro de relatos, Mementos de vivos. A este seguiríano varias novelas: Contubernio catro de Tomé S. (1977), Come e bebe que o barco é do amo (1978), Breixo (1981), Memoria de Noa (1982), e Xa vai o griffon non vento (1984) (que recibiu os premios Blanco Amor, Nacional de Literatura, da Crítica e Grinzane Cavour -este último concedido pola tradución alemá). En 1990, apareceu a colección de relatos Música Sacra. Recibiu os premios de xornalismo Fernández Latorre e Julio Camba.

A asistencia é totalmente gratuíta até completar a capacidade.

Tomade nota:

  • Relator: Alfredo Conde Día: mércores 25
  • Lugar: As 18 na Biblioteca Municipal de Estudos Locais Enderezo: rúa Durán Loriga, 10, 1º, 15003 A Coruña
  • Máis información: 981 184 386