18/07/2008, 19/07/2008

Encontro Cidade da Coruña. No marco do Encontro Cidade da Coruña organizado pola Concellaría de Cultura e a Asociación de Escritores en Lingua Galega realizaranse unha mesa redonda o día 18 e un recital poético o día 19. O venres 18 de xullo na Casa Casares Quiroga ás 20.00 h terá lugar a mesa redonda "Narrativa con memoria histórica".

Intervirán: Lidia Jorge, Carme Riera, Manuel Rivas. Modera, Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG. O sábado 19 de xullo no Teatro Rosalía de Castro, ás 20.00 h, realízase o Recital poético e lectura de textos no que interveñen: Marica Campo, Yolanda Castaño, Lidia Jorge, Luz Pozo, Carme Riera, Manuel Rivas, Xavier Rodríguez Baixeras e Xavier Seoane.

Presenta: Antía Otero. Actuación musical de Carmen Rey Grupo. Entrada libre ata completar aforamento. Os encontros comezan ás oito da tarde.