Portada de Shotting WarÉ difícil atopar no mundo das novelas gráficas unha obra cun guión tan potente como o de Shooting War.

Ponent Mon  achéganos a unha visión intelixente do que foi e será a guerra de Irak. Jimmy Burns, un xove blogger ve como o azar lle permite ir a Irak como reporteiro de guerra. Os seus ollos serán testemuñas da loita entre as tropas americanas e o pobo iraki.

Baixo a amenaza do terrorismo global, o goberno americano en mans do republicano MacCaine (a historia sitúase no 2.011), decide enviar tropas de reforzo a Irak, non obstante, a actividade terrorista non para, e a inseguridade do mundo é crecente.

Do debuxo pouco hai que dicir, pois Dan Goldman acerta outra vez co seu característico traballo dixital, que achega esta novela gráfica ao estilo cinematográfico.

Guión: Anthony Lappé
Dibujo: Dan Goldman
Editorial: Ponent Mon