O club de lectura de Monte Alto toma novo rumbo..
cara á lectura de libros procedentes da cultura árabe e chinesa. Haz el favor de no llamarme humano e Las baladas del ajo, foron as obras escollidas durante este trimestre para iniciar esta travesía cara aos mares da literatura chinesa. Mo Yan, autor deste segundo título, reflexa nesta novela ambientada a principios dos 80, as consecuencias dunha economía politicamente dirixida sobre a vida dos pobo e vilas rurais de China.

Gao Yang ten unha filla cega que expresa a indefensión dos inocentes; Gao Ma namorarase de Hing Ju prometida de Liu Shengli, un rico hacendado do pobo. O personaxe de Jing Ju representa a condición feminina da China post maoista, na cal as mulleres non podían elixir a súa propia vida, Jing Ju intenta cambiar o seu destino e déixase levar polos seus sentimentos apoiada pola nova lei, deixaando a súa familia e escapando con Gao Ma para casar con el, pero o matrimonio sofre moitos problemas, coma se fose unha maldición por intentar gañar os seus propios dereitos en contra da tradición.
Zhang Kou, rapsodo cego conta con música a realidade do pasado e do presente, para ensinar o camiño político e económico que a nova China está a seguir.
O goberno ordena que todos os cultivadores produzan allo, para vendelo no mercado nacional. A produción é demasiado abundante e a venda, moi escasa, iso leva aos campesiños a perder diñeiro na inversión do allo, o que provoca unha pequena rebelión a nivel local. A policía arresta pouco a pouco a todos os rebeldes, e entre eles a Gao Yang e a Gao Ma
O pasado de cada personaxe rexorde entre os muros do cárcere, contado polo autor de forma lírica, seguindo a tradición literaria clásica, mentres a realidade policial que representa ao goberno, segue un estilo realista cunha descrición detallística esaxerada.

