Durante este trimestre, o club de lectura de Monte Alto gozou da lectura de varios títulos e autores procedentes da cultura árabe.


O noso monográfico sobre esta temática arrancou coa interesante lectura dunha das obras máis importantes de Taha Husein, Los días, unha autobiografía excepcional e emocionante que retrata a vida cotiá en Exipto, a principios do século XX.


A obra sitúase nunha aldea perdida, ao redor dunha familia modesta como moitas outras e centrada nun personaxe excepcional, un neno cego que ao cabo dos anos se doutoraría primeiro na Universidade del Cairo, despois na Sorbona, chegaría a Ministro de Educación e converteríase nun dos máis brillantes escritores da literatura moderna en lingua árabe.

Los días é un relato autobiográfico que abrangue a nenez e adolescencia de Talah Husein en Exipto, marco tamén da seguinte obra lida no club, La azucarera de Naguib Mahfuz.


O premio nobel escribe en 1956 a que talvez sexa a súa obra máis famosa, a Triloxía do Cairo, saga familiar en varias entregas, formada por Entre dos palacios (1956), La azucarera (1956) e Palacio del deseo (1957), coas que obtivo un grande éxito e que o converterían nunha celebridade literaria en todo o mundo árabe.
Os netos de Ahmad Abd o-Gawwad, un ancián comerciante do barrio antigo Del cairo, distáncianse da tutela familiar e comprométense con diferentes opcións políticas no convulso Exipto dos anos trinta e corenta, dende o comunismo ao fundamentalismo islámico. Fronte ao desencanto da xeración anterior, estes mozos encarnan a vitalidade dunha nación que, liberándose do dominio colonial, afronta con valentía o seu contraditorio futuro.

León el africano de Amin Maalouf é o último libro lido ata o momento.
Novela histórica e biográfica, é en realidade unha vista panorámica do mundo mediterráneo a comezos do século XVI. A fecunda imaxinación de Amin Maalouf guíanos a través do portentoso periplo que entón inicia quen acabará sendo coñecido como León el Africano: exiliado en Fez, como tantos árabes andaluces, Hasan, fillo de Mohamed o alamín, coñecerá a misteriosa cidade de Tombuctú e os quince reinos negros que separan o Níxer e o Nilo, El Cairo e Constantinopla, e, finalmente, a fascinante Roma do Renacemento, antes de encontrar sosego, despois de numerosos avatares, de regreso no seu continente natal.

 

O colofón a este monográfico sobre literatura árabe terá lugar o próximo 28 de abril coa lectura de Las mil e unha noites,  así que ainda estás a tempo de vir e ler connosco estes contos fantásticos cheos de maxia.