O noso primeiro destino foi o Centro Islámico de A Coruña, Mezquita La Paz. Neste lugar que a maioría descoñeciamos, recibimos unha interesante charla sobre o Islam e algúns aspectos da contribución musulmá á civilización.

Nesta mesquita reúnense para orar todos os venres ao redor de trescentas persoas de distintos puntos da nosa cidade.

Queremos dar as grazas pola súa xentileza e amabilidade a todas as persoas que nos recibiron e que nos explicaron algo máis desta cultura tan interesante e descoñecida, ao Dr da Mezquita, a Rajah, Maha e Mariam polo informe preparado e por todas as súas explicacións ás nosas preguntas.

A segunda e última parada tivo lugar nunha estupenda tenda, ou Mundo do Té, onde Mariana nos explicou todo o referente a esta planta شاي  a Camellia Sinensis: as distintas variedades, a súa preparación, as súas orixes, de que forma se bebe nos distintos países árabes e un gran número de curiosidades sobre esta infusión que forma parte da cultura dun gran número de xentes.

Dende a Praza de España e xa no corazón do barrio onde se sitúa a biblioteca, todas as "rapazas" do club nos fomos a celebralo, pero esa é xa outra historia…