Para a súa enésima novela elixiu un tema de penosa actualidade. «Hoxe en día hai 27 millóns de escravos en todo o mundo, desde nenos soldados en África a nenas recluídas en prostíbulos de Camboia», recorda a escritora, obsesionada desde sempre co desexo de liberdade, de independencia. «Eu nacín nos corenta, no seo dunha familia conservadora, católica e moi patriarcal, nunha época en que as mulleres aínda tiñan un horizonte moi limitado», apunta a autora de «A casa dos espíritos», título que a levou á cúspide dos narradores latinoamericanos e que a converteu nunha das novelistas máis populares do noso tempo.
A protagonista de «La isla bajo el mar» é a ollos da súa autora unha heroína. «Zarité loitou para tomar as rendas da súa vida; dende pequena sempre se rebelou. Pero cando ten que elixir entre a liberdade ou os nenos, elixe o segundo. Hai moito de heroicismo no seu personaxe, pois ela sabe que hai cousas máis importantes que a liberdade persoal». Porque para Allende, o heroe non é só aquel que consegue «a súa transformación persoal, senón tamén a transformación da súa contorna».
Outras obras de Isabel Allende nas Bibliotecas Municipais:
De amor y de sombra
La casa de los espíritus
El plan infinito
Paula
De amor y de sombra
Afrodita : cuentos, recetas y otros afrodisíacos
El plan infinito
Hija de la fortuna
Cuentos de Eva Luna
Retrato en sepia
Hija de la fortuna
La ciudad de las bestias
Mi país inventado
Inés del alma mía
El Zorro : comienza la leyenda
El bosque de los pigmeos
El reino del dragón de oro

