O vindeiro 28 e 29 de Novembro xuntarémonos en Palexco para “mimar” a nosa cultura. A cultura que facemos, e a que queremos terá o seu escaparate, o seu lugar.

Unha fin de semana adicada á cultura galega: ás palabras, á música, ás artes escénicas, á danza, ao cinema, aos libros…

AcheGarte será o espazo para mimar a cultura galega. Pretende ser unha festa/feira onde teñan cabida as artes escénicas, as novas tecnoloxías, o audiovisual, o libro, a música… En AcheGarte estarán presentes con stand propio máis de 60 empresas, asociacións profesionais e institucións que impulsan a creación cultural en Galicia nos diferentes sectores presentes na Feira:

.: Sector do libro

.: Artes escénicas

.: Novas tecnoloxías

.: Audiovisual galego

.: Danza

.: Música

.: Animación

.: Artes plásticas

Se queres podes colaborar coas túas creacións ou coa organización. Toda a info en http://acorunacultura.org

Se xa sabes en que podes ou queres colaborar, podes escribir un correo directamente á Concellaría de Cultura, ao enderezo: cultura@coruna.es