Posteado por: Berta en Xeral, Escritores, Novas05-10-2009
A escritora María Reimóndez alzouse como gañadora do VIII Premio Plácido Castro de Traducción en Lingua Galega pola súa obra "Mary Prince, unha das escravas das indias occidentais". O fallo do xurado foi unánime e coincidiron na opinión da obra que a calificaron como "un texto fundamental na loita pola abolición da escravitude no mundo".
María Reimóndez Meilán naceu en Lugo e é tradutora e intéprete de profesión. O seu primeiro libro publicado é Moda Galega (Edicións Positivas, 2002) e no ano 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo con O Caderno de Bitácora (Edicións Positivas 2004).
Malia a esta incursión recente no panorama literario, María Reimóndez leva escribindo desde que tiña 6 anos, recibiu premios durante a súa mocidade (Rúa Nova, Minerva), é autora de varias obras de teatro e participou en distintos recitais poéticos.
María Reimóndez leva traballando en cooperación desde o ano 1994.Despois de novas visitas funda a Organización Non Gobernamental de Cooperación ao Desenvolvemento IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO que leva traballando na India desde o ano 1998 e desde 2003 en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurable.

Nas Bibliotecas Municipais podedes encontrar entre outras as seguintes obras:

Moda galega / María Reimóndez
Mitos e lendas hindús / traducción, introducción e selección, María Reimóndez
O caderno de Bitácora : aventuras espaciais / María Reimóndez
Usha / María Reimondez
O club da calceta / María Reimóndez
O can trampulleiro : comarca do Salnés / María Reimóndez
Colegas do futuro : comarca de Ortegal / María Reimóndez
Lía e as zapatillas de deporte / María Reimóndez

Posteado por: Berta en Xeral, Novas24-09-2009

 López Lamadrid naceu en San Sebastián en 1938, onde estudiou Químicas. Ata 1975 dedicouse ós negocios textís familiares, en 1970 e 1971 fundou dúas sociedades industriais. 
Antonio López Lamadrid era considerado un dos editores máis influíntes do panorama nacional e coa súa dona Beatriz de Moura coodirixía a editorial. Incorporouse a Tusquets en 1977 que xa dirixía a sua muller tras fundala co seu primer home, Óscar Tusquets.
Dende entón ata a actualidade, ambos levaron o selo que publicaron a autores coma Duras, Kundera, Fernando Aramburu, Luis Sepúlveda, Javier Cercas, Luis Landero. A editorial Tusquets creou fai 22 anos o premio Comillas de Biografía, que tivo a José Lázaro como último gañador pola obra "Vias y muertes de Luis Martín Santos". Outros premios da editorial son os xa populares "La sonrisa vertical", de literatura erótica e o "Premio de Novela.