O escritor portugues, Premio Nobel de Literatura 1998, José Saramago, é un blogger acérrimo e así o demostra no seu propio blog:
Quando em Fevereiro de 1993 nos instalámos em Lanzarote, conservando sempre a casa de Lisboa, meus cunhados María e Javier, que já ali viviam há alguns anos, junto a Luis y Juanjo, recém-chegados, ofereceram-me um caderno que deveria servir de registo dos nossos dias canários. Punham uma só condição: que de vez em quando fizesse menção das suas pessoas.
Nunca escrevi nada no tal caderno, mas foi desta maneira, e não por outras vias, que nasceram os Cadernos de Lanzarote, que durante cinco anos veriam a luz. Hoje, sem esperar, encontro-me numa situação parecida. Desta vez, porém, as causas motoras são Pilar, Sérgio e Javier, que se ocupam do blog. Disseram-me que reservaram para mim um espaço no blog e que devo escrever para ele, o que for, comentários, reflexões, simples opiniões sobre isto e aquilo, enfim, o que vier a talhe de foice. Muito mais disciplinado do que frequentemente pareço, respondi-lhes que sim, senhor, que o faria desde que não me fosse exigida para este Caderno a assiduidade que a mim mesmo havia imposto nos outros. Portanto, pelo que isso possa valer, contem comigo.
Fernando García de Cortazas, Premio Nacional de Historia de España
Fernando García de Cortázar ven de recibir o Premio Nacional de Historia de España pola obra ‘Historia de España desde el Arte’, publicada por Planeta.
O galardón, otorgado polo Ministerio de Cultura e dotado con 20.000 euros, recoñece a mellor obra de historia editada en español ou en algunha das linguas cooficiais de España.
Nas Bibliotecas Municipais temos abundante bibliografía desde autor e vos invitamos a descubrir unha parte da nosa historia da sua man:
- Breve historia de España
- Historia del mundo actual : 1945-1995
- Fotobiografía de Franco
- Historia de España : de Atapuerca al euro
- Los mitos de la historia de España
- Atlas de historia de España
- Los perdedores de la Historia de España
- Los Papas y la iglesia del siglo XX : los pliegues de la tiara
18/07/2008, 19/07/2008
Encontro Cidade da Coruña. No marco do Encontro Cidade da Coruña organizado pola Concellaría de Cultura e a Asociación de Escritores en Lingua Galega realizaranse unha mesa redonda o día 18 e un recital poético o día 19. O venres 18 de xullo na Casa Casares Quiroga ás 20.00 h terá lugar a mesa redonda "Narrativa con memoria histórica".
Intervirán: Lidia Jorge, Carme Riera, Manuel Rivas. Modera, Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG. O sábado 19 de xullo no Teatro Rosalía de Castro, ás 20.00 h, realízase o Recital poético e lectura de textos no que interveñen: Marica Campo, Yolanda Castaño, Lidia Jorge, Luz Pozo, Carme Riera, Manuel Rivas, Xavier Rodríguez Baixeras e Xavier Seoane.
Presenta: Antía Otero. Actuación musical de Carmen Rey Grupo. Entrada libre ata completar aforamento. Os encontros comezan ás oito da tarde.
Alfredo Conde na Biblioteca de Estudos Locais
Hoxe mércores 25 de xuño, Alfredo Conde clausurará o Obradoiro de escritura da Biblioteca Municipal de Estudos Locais. O autor falará cos asistentes sobre a escritura da súa novela María das Batallas que destaca, segundo a crítica,
“pola viveza dos personaxes, cunha gran dose de realismo e credibilidade. Relevancia especial téñena as mulleres: mulleres recoñecidas e admiradas, como María Pita, e mulleres humildes, anónimas, que contribuíron co seu esforzo non menos heroico ao progreso e á liberdade”.
![]()
Alfredo Conde naceu en Allariz en 1945. Foi deputado polo PSOE en 1982 e conselleiro de Cultura entre 1987 e 1990. Fundador do grupo Voces ceibes, foi membro fundador da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do PEN Club de Galicia.
Os seus primeiros pasos no campo da literatura deunos como poeta ao publicar en 1968 Mencer de lúas. En 1974, deu a coñecer o seu primeiro libro de relatos, Mementos de vivos. A este seguiríano varias novelas: Contubernio catro de Tomé S. (1977), Come e bebe que o barco é do amo (1978), Breixo (1981), Memoria de Noa (1982), e Xa vai o griffon non vento (1984) (que recibiu os premios Blanco Amor, Nacional de Literatura, da Crítica e Grinzane Cavour -este último concedido pola tradución alemá). En 1990, apareceu a colección de relatos Música Sacra. Recibiu os premios de xornalismo Fernández Latorre e Julio Camba.
A asistencia é totalmente gratuíta até completar a capacidade.
Tomade nota:
- Relator: Alfredo Conde Día: mércores 25
- Lugar: As 18 na Biblioteca Municipal de Estudos Locais Enderezo: rúa Durán Loriga, 10, 1º, 15003 A Coruña
- Máis información: 981 184 386
Marcapáxinas improvisados, hai de todo!
Moitos de nos acostumamos a empregar marcapáxinas de agasallo para suliñar onde quedamos nas nosas lecturas, pero o certo é que hai momentos nos que é imposible atopar un destes prácticos instrumentos e antes de torturar as páxinas do libro, recurrimos ao primero que temos na man… un ticket da compra, un lápis, unha fotografía… ou obxetos moito mais raros e pouco recomendables…
Para mostra dos marcapáxinas inprovisados, aquí tedes unha pequena escolma de cousas para marcar as lecturas.

Klimt e o Art Nouveau de Viena.
O pintor autríaco Gustav Klimt foi un dos mais prominentes representantes do movimiento Art Nouveau de Viena, a sua obra é fácilmente recoñecible polo uso que fai da figura da muller rodeada de flores e ouro, son moitos os seus seguidores, e para aqueles que desfrutades con él, nada mellor que este especial sobre a sua vida e obra:
iKlimt. The Life ang Work of Gustav Klimt
Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña podedes atopar algunha obra sobre este xenial pintor da Secesión:
- Klimt / Frank Whitford. — Barcelona : Destino ; London : Thames and Hudson, 1992
- Gustav Klimt : 1862-1918 / Gilles Néret. — Köln [etc.] : Benedikt Taschen, cop. 1993
- Klimt : a secesión e o ocaso de ouro do Imperio austríaco. — Vigo : Nova Galicia, D.L. 2003
- Os presento a Klimt / una historia de Bèrènice Capatti; ilustrada por Octavia Monaco. — Barcelona : Tuscania, 2003
- La obra pictórica completa de Klimt / introducción de Johannes Dobai ; biografía y estudios críticos de Sergio Coradeschi. — Barcelona ; Madrid : Noguer, cop.1981
- Klimt / presentación de José María Solé. — [Madrid] : El Mundo, D.L. 2005
- Klimt [Vídeo] / guión, Raoul Ruiz, Gilbert Adair ; dirección Raoul Ruiz. — [S.l.] : Lunar Films, D.L. 2007
Día do libro nas Bibliotecas Municipais de A Coruña
Celebra con nos o Día do Libro, este mércores, 23 de Abril, as Bibliotecas Municipais de A Coruña estaremos nas estacións de Tren e Autobuses ofreciendo aos viaxeiros información sobre as nosas actividades e servizos. Levaremos libros, marcapáxinas e folletos para regalar a aqueles que queiran acercarse a coñecernos.
Estaremos nas estacións pero tamen por toda a cidade, en forma de libros libres. Estade atentos, seguro que carareis algún dos moitos libros que liberaremos por distintos puntos de toda a cidade.
E ademais as sete do serán, as estades convidados a entrega dos premios de fotografía Amósanos o que les na Biblioteca Municipal Monte Alto. A Concelleira de Cultura Mª Xosé Bravo entregará os premios aos finalistas e participantes do Concurso de fotografía dixital "Amósanos o que les". No acto estará tamén o mimo Fredi que mostrará as posibilidades dos libros e a lectura e tambén podremos disfrutar da exposición que recolle todas as fotografías participantes no concurso.
Alberto Vazquez - Figueroa libera a sua obra literaria
Cómo xa adelantaba noutra ocasión e como xa falaramos hai uns cantos post…
No me es posible colgar todas mis novelas en la red, pero quien desee alguna no tiene más que enviarme su dirección de correo electrónico y la recibirá gratuitamente siempre que sea para su uso particular. Aun no dispongo de “Tuareg”. “Icaro”, “Centauros” y alguna otra mas.
Na rede social adicada aos libros, LibraThing, podemos atopar as bibliotecas persoais de personaxes famosos e/ou ilustres da nosa historia.
Agora podedes matar a vosa curiosidade, cotilleando entre as lecturas preferidas de…
[Vía El Biblómano]

No me es posible colgar todas mis novelas en la red, pero quien desee alguna no tiene más que enviarme su dirección de correo electrónico y la recibirá gratuitamente siempre que sea para su uso particular. Aun no dispongo de “Tuareg”. “Icaro”, “Centauros” y alguna otra mas.
