Descansamos. Non do esforzo de ler, de pescudar historias, de discutir as xa lidas. Collemos folgos para unha nova etapa que virá dentro dun mes, despois dos excesos do frío, da bebida e da comida (Nadal Goliardo), que presaxiamos ineludibles.
Descansamos lendo aínda, e desta vez temos entre as mans unha novela deliciosa e terrible, fresca e pesada como unha lousa "Como el soldado repara el gramófono" de Sasa Stanisic.
"El abuelo Slavko me medía la cabeza con la cuerda de tender de la abuela, me estaba haciendo un sombrero de mago, un sombrero picudo de cartulina, y me dijo: en realidad, yo todavía soy demasiado joven para estas tonterías y tú, demasiado viejo.
Me estaba haciendo un sombrero de mago con estrellas amarillas y azules que arrastraban colas en azul y amarillo, mientras yo tijereteaba una hoz de luna y dos cohetes triangulares, uno tripulado por Gagarin, otro por el abuelo Slavko.
Abuelo, ¡con ese sombrero no iré a ninguna parte!
¡Eso espero!"
Aleksandar é un neno de 12 anos que vive no pequeno pobo de Visegrado (antes Yugoslavia, agora Bosnia-Herzegovina). Os seus ollos terriblemente abertos e translúcidos e a súa imaxinación é un complemento para estes, sobre todo cando se pensa un meigo e que case todo o que acontece ao seu redor ten que ver coas suás prácticas arcanas. Mentres a súa peculiar familia vai esmorecendo, as cancións populares, os relatos orais e unha visión lonxana do pobo que foi, vai sendo pisoteada e inzada de buratos polas botas militares e as balas.
Os ollos do neno van medrando e no libro multiplícanse as visións do propio autor en diversas etapas vitais. Dende Desde Visegrado e Beletovo até Alemania e Estados Unidos, lugares aos que emigra a familia fuxindo da guerra, a memoria e a imaxinación do neno e do adulto viaxan, recréanse, minten. É moi difícil separar a divagación da lembranza, a fabulación da imaxe real dunha guerra. Se cadra aí radica o encanto deste libro, na distorsión, no uso das imaxes para agrandar, dislocar, ensombrecer, cubrir de cores un conflito tan recente e coñecido, contemporáneo do lector.
Técnicamente impecable, é extraodinario ver como un autor tan novo (nacido en 1978) domina á perfección todo tipo de narradores, figuras, recursos e crea uns personaxes inimaxinablemente perfectos.
O título é un compendio de cartas, flash-backs, poemas, cancións populares, reinterpretacións do individuo tenro, grave, duro a base de guerra e lembranzas da terra cando era calma. O calo que crea a dor sobre o corazón, o exilio, a caída do ditador e con ela toda a cultura de represión e castigo e, por extensión, de todo o que un coñece, as raigames da educación dun individuo.
Impresionante ver cómo se recoñece un neno a si mesmo na caída dunha ditadura e dunha cultura imposta e a sensación de nudez e ignorancia tras desta pérdida. Os cánticos comunistas xa non significan nada. A foto de Tito na parede xa non é un ferrollo para a memoria…
Se cadra se unicamente fose unha novela todo remataría aí, pero vai máis alá e é un diario falseado, un conxunto de cartas mudas do lado do destinatario, un feixe de recordos e mentiras, unha delicia literaria para reler, para reabrir en calquera punto, sen precisión de lugar nin tiranías de páxina ou capítulo, para volver a ela sen buscar nada propiamente.
Desde os propios títulos dos capítulos, a lectura é unha sorpresa desordeada e pracenteira, traxicómica e que non toma partido, a través do vivido e do contado, onde o autor simplemente relata, amosa, presenta e achega entre unhas mans sinceras unha prosa marabillosamente entusiasta, burlesca nalgúns casos e que nos deixa a reflexión e a crítica aos lectores, se queremos facela, en todo caso.