Posteado por: Antonio en Xeral, Novas03-11-2009

 

O vindeiro 28 e 29 de Novembro xuntarémonos en Palexco para “mimar” a nosa cultura. A cultura que facemos, e a que queremos terá o seu escaparate, o seu lugar.

Unha fin de semana adicada á cultura galega: ás palabras, á música, ás artes escénicas, á danza, ao cinema, aos libros…

AcheGarte será o espazo para mimar a cultura galega. Pretende ser unha festa/feira onde teñan cabida as artes escénicas, as novas tecnoloxías, o audiovisual, o libro, a música… En AcheGarte estarán presentes con stand propio máis de 60 empresas, asociacións profesionais e institucións que impulsan a creación cultural en Galicia nos diferentes sectores presentes na Feira:

.: Sector do libro

.: Artes escénicas

.: Novas tecnoloxías

.: Audiovisual galego

.: Danza

.: Música

.: Animación

.: Artes plásticas

Se queres podes colaborar coas túas creacións ou coa organización. Toda a info en http://acorunacultura.org

Se xa sabes en que podes ou queres colaborar, podes escribir un correo directamente á Concellaría de Cultura, ao enderezo: cultura@coruna.es

Posteado por: Berta en Xeral, Escritores, Novas05-10-2009
A escritora María Reimóndez alzouse como gañadora do VIII Premio Plácido Castro de Traducción en Lingua Galega pola súa obra "Mary Prince, unha das escravas das indias occidentais". O fallo do xurado foi unánime e coincidiron na opinión da obra que a calificaron como "un texto fundamental na loita pola abolición da escravitude no mundo".
María Reimóndez Meilán naceu en Lugo e é tradutora e intéprete de profesión. O seu primeiro libro publicado é Moda Galega (Edicións Positivas, 2002) e no ano 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo con O Caderno de Bitácora (Edicións Positivas 2004).
Malia a esta incursión recente no panorama literario, María Reimóndez leva escribindo desde que tiña 6 anos, recibiu premios durante a súa mocidade (Rúa Nova, Minerva), é autora de varias obras de teatro e participou en distintos recitais poéticos.
María Reimóndez leva traballando en cooperación desde o ano 1994.Despois de novas visitas funda a Organización Non Gobernamental de Cooperación ao Desenvolvemento IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO que leva traballando na India desde o ano 1998 e desde 2003 en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurable.

Nas Bibliotecas Municipais podedes encontrar entre outras as seguintes obras:

Moda galega / María Reimóndez
Mitos e lendas hindús / traducción, introducción e selección, María Reimóndez
O caderno de Bitácora : aventuras espaciais / María Reimóndez
Usha / María Reimondez
O club da calceta / María Reimóndez
O can trampulleiro : comarca do Salnés / María Reimóndez
Colegas do futuro : comarca de Ortegal / María Reimóndez
Lía e as zapatillas de deporte / María Reimóndez

Posteado por: Berta en Xeral, Novas24-09-2009

 López Lamadrid naceu en San Sebastián en 1938, onde estudiou Químicas. Ata 1975 dedicouse ós negocios textís familiares, en 1970 e 1971 fundou dúas sociedades industriais. 
Antonio López Lamadrid era considerado un dos editores máis influíntes do panorama nacional e coa súa dona Beatriz de Moura coodirixía a editorial. Incorporouse a Tusquets en 1977 que xa dirixía a sua muller tras fundala co seu primer home, Óscar Tusquets.
Dende entón ata a actualidade, ambos levaron o selo que publicaron a autores coma Duras, Kundera, Fernando Aramburu, Luis Sepúlveda, Javier Cercas, Luis Landero. A editorial Tusquets creou fai 22 anos o premio Comillas de Biografía, que tivo a José Lázaro como último gañador pola obra "Vias y muertes de Luis Martín Santos". Outros premios da editorial son os xa populares "La sonrisa vertical", de literatura erótica e o "Premio de Novela.

Posteado por: Antonio en Escritores, Novas18-09-2009
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña xa temos dispoñible a nova obra de Isabel Allende, La isla bajo el mar.

Para a súa enésima novela elixiu un tema de penosa actualidade. «Hoxe en día hai 27 millóns de escravos en todo o mundo, desde nenos soldados en África a nenas recluídas en prostíbulos de Camboia», recorda a escritora, obsesionada desde sempre co desexo de liberdade, de independencia. «Eu nacín nos corenta, no seo dunha familia conservadora, católica e moi patriarcal, nunha época en que as mulleres aínda tiñan un horizonte moi limitado», apunta a autora de «A casa dos espíritos», título que a levou á cúspide dos narradores latinoamericanos e que a converteu nunha das novelistas máis populares do noso tempo. 

A protagonista de «La isla bajo el mar» é a ollos da súa autora unha heroína. «Zarité loitou para tomar as rendas da súa vida; dende pequena sempre se rebelou. Pero cando ten que elixir entre a liberdade ou os nenos, elixe o segundo. Hai moito de heroicismo no seu personaxe, pois ela sabe que hai cousas máis importantes que a liberdade persoal». Porque para Allende, o heroe non é só aquel que consegue «a súa transformación persoal, senón tamén a transformación da súa contorna».

Outras obras de Isabel Allende nas Bibliotecas Municipais:

De amor y de sombraLa isla bajo el mar
La casa de los espíritus
El plan infinito
Paula
De amor y de sombra
Afrodita : cuentos, recetas y otros afrodisíacos
El plan infinito
Hija de la fortuna
Cuentos de Eva Luna
Retrato en sepia
Hija de la fortuna
La ciudad de las bestias
Mi país inventado
Inés del alma mía
El Zorro : comienza la leyenda
El bosque de los pigmeos
El reino del dragón de oro

Posteado por: Antonio en Xeral, Novas02-09-2009

A Concellaría de Cultura organiza sesión de curtas durante todos os venres do mes de setembro que serán proxectadas na praza de Azcárraga e que se inclúen no OFestivalOn five’ que arrancará o vindeiro 4 de setembro ás 22.30h.

As curtas que se proxectarán ao longo do mes serán as seguintes:

Venres 4 de setembro:

Pánico a una muerte ridícula- Rubén Stein. Ficción
No corras tanto- César Díaz Melendez. Animación
Ferro ardendo- Miguel García Fernández
Cestla Vie- Young gyu Lee. Animación
Cores- Jairo Iglesias. Ficción
Mariñeiros- Omar Rabuñal. Ficción
La sortie- Jesús Domínguez Sánchez. Documental
O raio transparente- Pancho Lapeña. Animación

Venres, 11 de setembro:

The Wereping- Sam Orti Marti. Animación
Niño Balcón- Pilar Palomero. Ficción
Tan preto e tan lonxe- Isabel Rey Fernández. Documental
Socarrat- David Montero. Ficción
En la otra camilla- Luis Melgar. Ficción
In the name of God- Julia Geker. Animación
El encargado- Sergio Barrejón. Ficción
Campás- Jairo Iglesias. Ficción

Venres, 18 de setembro:

0,8 Miligramos- Imanol Ruíz de Lara. Ficción
Continuará- Esther Fernández Carrodeaugas. Animación
Túneles en el río- Augusta Zourelidi. Animación
Funners- Marc Reixach. Ficción
On the line- Jon Garaño. Ficción
Poder ser- Carlos Seijo. Ficción
Marruecos, un viaje de colores-Álvaro Sanz Alonso

Venres, 25 de setembro:

El ministerio del pez- Giovanni Maccelli. Animación
Muto- Blu. Animación
La chica dentro de la caja- Matt Dickinson. Documental
Micntc- Isabel de o Campo. Ficción
Vellas- Carlos Prado Pampín. Ficción
Mei Ling- Stepahnie Lansagne & Francois Leroy. Animación
Stikk- Vifidis Nielsen. Ficción
No se preocupe- Eva Ungría. Ficción

Todas as proxeccións terán lugar na praza de Azcárraga ás 22:30 horas.

Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, Novas18-05-2009

Digamos que el tiempo pasa y yo lo siento en la saliva, cada vez más espesa. Tendría que preguntarme a la conciencia cuántos reproches me reserva. Pero prefiero hacerme el sordo.

La palabra inquietud colma la realidad, como si fuera un humo concentrado. La libertad le da un pellizco al alma y uno no tiene más remedio que ser libre. De todos modos, la cordura vigila y amenaza con meternos en el corral de la razón. Somos frágiles y eso nos salva. El desconsuelo nos consuela y nos es imposible traicionar.

Por suerte no tenemos dioses que nos perdonen. A veces pienso que la vida es un error, pero claro, más error es la muerte.

Entre el ensueño y la pesadilla hay un paréntesis en el que nos formamos. Sale el sol y hacemos sombra. Sombra de aire y de fiebre, sombra de misterio.

Quién sería capaz de revelarnos y de rebelarnos. El pobre lago nos copia como fuimos y después se quiebra.

Basta de navegar en el olvido. Basta de bendecirnos en la lluvia. Basta de no ser nadie. BAsta de que el placer nos desconozca. Basta de convivir con la derrota.

Basta, carajo.

MARIO BENEDETTI

Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, Novas, A biblioteca recomenda07-05-2009

O próximo venres 8 de maio ás 20:00 h. a escritora mexicana Elena Poniatowska visitará a sede da Real Academia Galega (rúa Tabernas 11) para impartir unha conferencia, A literatura que vén da rúa.

Este acto encádrase dentro do II Encontro literario Cidade da Coruña: Mulleres na literatura, organizado conxuntamente pola Asociación de Escritores en Lingua Galega y la Concellaría de Cultura, na sede de la RAG.

A entrada é de balde e libre até completar a capacidade do recinto.

 Elena Poniatowska

A Asociación de Escritores en Lingua Galega decidiu outorgar o galardón Escritora Galega Universal á escritora mexicana Elena Poniatowska. O galardón ofreceullo o presidente da asociación, o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, no transcurso da súa estadía na Feira do Libro de Guadalajara (México). Os anteriores premiados foron Mahmud Darwish, Pepetela e Nancy Morejón.
 
 
Posteado por: Reme en Xeral, Novas10-11-2008


 Daniel Handler, o autor de "Una serie de catastróficas desdichas" regresa á literatura de adultos cun libro de amor,  "Adverbios". Nel adícase Daniel Handler a construir unha novela pouco convencional. Así, o autor condúcenos por algúns dos meandros máis sinuosos da paixón: o amor hetero e o homo, o amor adolescente, o platónico e unha variopinta gama de «outras posibilidades amorosas». Vallan como exemplos: un lío entre un taxista homófobo e o seu pasaxeiro; un enamoramento xuvenil nun cine; un home asasinado que atopa o amor despois de morto… E todo sazonado cun inxenio desbordante, irónico e xoguetón, salpicado de xogos de palabras, guiños e dese tipo de intelixencia que busca conmover máis que deslumbrar.
Incluso ese pájaro de ahí , que hace caso omiso de la anciana china y antes prefiere un algo con que alimentarse o con que construir su nido, sería capaz de decíroslo con sus gorjeos. El amor es cuestión de preferencias, y Joe había dado con la suya como estaba llamado a hacer. Había encontrado la historia de amor que prefería, si bien no haría público ese juicio oficialmente hasta pasados tres años, cuando él y esta misma taxista que aquí tenemos, desnudos en la cama, comentaran entre risas lo aturdido que estaba el día en que se obró el milagro, la tarde flagrante en que se conocieron.
Posteado por: Catuxa Seoane en Novas, A biblioteca recomenda28-10-2008

Fernando García de Cortázar  ven de recibir o Premio Nacional de Historia de España pola obra ‘Historia de España desde el Arte’, publicada por Planeta.

Historia de España desde el Arte 

O galardón, otorgado polo Ministerio de Cultura e dotado con 20.000 euros, recoñece a mellor obra de historia editada en español ou en algunha das linguas cooficiais de España.

Nas Bibliotecas Municipais temos abundante bibliografía desde autor e vos invitamos a descubrir unha parte da nosa historia da sua man:

  • Breve historia de España 
  • Historia del mundo actual : 1945-1995
  • Fotobiografía de Franco 
  • Historia de España : de Atapuerca al euro 
  • Los mitos de la historia de España 
  • Atlas de historia de España 
  • Los perdedores de la Historia de España
  • Los Papas y la iglesia del siglo XX : los pliegues de la tiara
Posteado por: Catuxa Seoane en Escritores, Novas, Actividades do clube25-06-2008

Hoxe mércores 25 de xuño, Alfredo Conde clausurará o Obradoiro de escritura da Biblioteca Municipal de Estudos Locais. O autor falará cos asistentes sobre a escritura da súa novela María das Batallas que destaca, segundo a crítica,

pola viveza dos personaxes, cunha gran dose de realismo e credibilidade. Relevancia especial téñena as mulleres: mulleres recoñecidas e admiradas, como María Pita, e mulleres humildes, anónimas, que contribuíron co seu esforzo non menos heroico ao progreso e á liberdade”.

Maria das Batallas 

Alfredo CondeAlfredo Conde naceu en Allariz en 1945. Foi deputado polo PSOE en 1982 e conselleiro de Cultura entre 1987 e 1990. Fundador do grupo Voces ceibes, foi membro fundador da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do PEN Club de Galicia.

Os seus primeiros pasos no campo da literatura deunos como poeta ao publicar en 1968 Mencer de lúas. En 1974, deu a coñecer o seu primeiro libro de relatos, Mementos de vivos. A este seguiríano varias novelas: Contubernio catro de Tomé S. (1977), Come e bebe que o barco é do amo (1978), Breixo (1981), Memoria de Noa (1982), e Xa vai o griffon non vento (1984) (que recibiu os premios Blanco Amor, Nacional de Literatura, da Crítica e Grinzane Cavour -este último concedido pola tradución alemá). En 1990, apareceu a colección de relatos Música Sacra. Recibiu os premios de xornalismo Fernández Latorre e Julio Camba.

A asistencia é totalmente gratuíta até completar a capacidade.

Tomade nota:

  • Relator: Alfredo Conde Día: mércores 25
  • Lugar: As 18 na Biblioteca Municipal de Estudos Locais Enderezo: rúa Durán Loriga, 10, 1º, 15003 A Coruña
  • Máis información: 981 184 386