Á maneira de Pennac, a xente do Club de Lectura fixo os seus propios mandamentos, ou credos, á hora de ler. É difícil resumilos en pequenas frases, porque algúns aproveitaron o exercizo proposto para escribir pequenas experiencias que quixeron compartir:
-Acción dentro dos libros (Irene)
-Leo todos os días os titulares dos xornáis. O día que non o fago, fáltame algo(Marta)
-Ler todos os días, e sempre en silencio, centrándose no texto (Pilar F.)
-O que me gusta sempre o comparto ate ficar espida. Incluso regalaría o libro ate atopar outro interesante (Carmen S.)
-Ler para aprender a coñecer e saber . Suliñar as frases interesantes no libro, anotándoas para non esquecelas. Non romper nin queimar os libros porque son un compendio da nosa personalidade (Vicente)
-Ter boa disposición para ler e non reler. Ler á noite, ao deitarse.(Carmen F.)
-Ler forma parte da miña imaginación. É unha maneira de coñecer outros mundos, vivir outras vidas, sentir outras vivencias, viaxar a outros espazos e evadirse da rotina diaria (Gloria)
-Aprendín a ler con dez anos; meu irmán, catro anos maior, negábase a lerme e eu suplicáballe…Cando aprendín, podo aseguran que poucos días da miña vida deixei de ler (Francisca)
-Podo pasar toda a tarde lendo; teño unha pequena biblioteca da que algúns libros non chegarei a lelos nunca. Outros reléoos compulsivamente (Victoria)
-Dereito a ler todo o que queiras, sen censura. Dereito a que ninguén me diga o que teño que ler, quero sabelo todo. Quen non colleu nunca un libro nas súas mans, non chegará a ser completo como persoa (Pilar)
-Disfruto moito escoitando a alguén explicando un libro. Gústame gardar todos os libros(Olga)
-Considera o libro como un dos teus mellares amigos, nunca te traizoará. Agárdate cando estás con outros amigos, nunca se molesta se o deixas sen rematar. Alégrate nos momentos tristes, acompáñate en momentos de soidade, descúbrete novos países e culturas (Rosa)
-De toda lectura rescato sempre algún coñecemento que amplíe o meu xeito de ver o mundo
Os mandamentos ponos cada ser humano, esa coido que é a maior libertade que ten o ser. (María Jesús)
-Ler precisa de lapis e papel. A estrutura narrativa é tan importante ou máis ca historia. Resulta frustrante que haxa tanto lector de masas e tan poucos de literatura de minorías (paradoxa?) (Marisa)
Los libros son como manos que acarician el alma
En los libros se transcribe la vida
En los libros se abre lo íntimo
Rey de la cultura, el libro
(Maica)
A escritora María Reimóndez alzouse como gañadora do VIII Premio Plácido Castro de Traducción en Lingua Galega pola súa obra "Mary Prince, unha das escravas das indias occidentais". O fallo do xurado foi unánime e coincidiron na opinión da obra que a calificaron como "un texto fundamental na loita pola abolición da escravitude no mundo". 


